21/12/07

#3 Cinta HUMOR VÍTREO (Esgotada)



Nace HUMOR VÍTREO públicamente. Xa levamos uns mesiños que si "ensaiando". A vitriedade consiste en xuntarnos pra facer collages musicais, pero non con anaquiños de cancións, senón con sons de discos favoritos. Todo improvisado e todo grabado coa incrible casio-cassete de Jose, para despois escoitarnos e desfrutar. E agora decidimos expoñer este xogo, por se alguén máis quere desfrutar esta mutación materializada en música!!!

HUMOR VÍTREO : casette 60'
1 euro
Edición en colaboración con afeite al perro
Pedidos a corazonsalvaxe@yahoo.es

17/12/07

Últimas semanas para enviar a túa colaboración a zapatiños motor#2


Quedan uns diíñas para que remate o prazo para recibir colaboracións para o zapatiños motor#2, o número mutante. ¡Así que ampliamo-lo prazo ata fin de ano, por se alguén quedou coas ganas pero lle foi imposible enviar o seu bonito traballo!
¡Esperámosvos!

Rápido

zapatiños motor #1