

Humor vítreo en el planeta de los watios se lo pasó pipa!!! noche de punk & feminismo, xenial!!!



Estades todos invitados a participar no segundo número de zapatiños motor – o noso fanzine - que sairá no 2008.
O tema deste número é MUTANTE, e ó igual que con RESISTECIA&PRACER, podedes entendelo como queirades, esperamos: cambios vitais, transformacións de todo tipo, visións, adolescencias, metamorfoses, monstruosidades … o que vos veña en gana.
Aínda non decidimo-lo formato do fanzine, pois depende moito das vosas colaboracións, así que nos podedes enviar textos, imaxes, obxetos atopados, tesouros, ollos de vidro e un longo etcétera… a zapatinhosmotor@yahoo.es, ou se ben preferides enviar todo maquetadiño, facédeo en formato a5, máximo dúas páxinas (lembrádevos do marxenciño de entre 2 e 5 milímetros que se comen nas fotocopiadoras) en branco&negro. Neste número os retoques manuais serán en verde. Indicádeno-lo ou vemos…
*
Queremos que este número sea homoxéneo, así que quizais non poidamos publicar tódalas colaboracións que recibamos!
O prazo para enviar algo bonito é o 20 de decembro, escribídenos un email e mandámosvos o noso enderezo postal. Nosoutras prometemos festa de presentación e unha bonita edición.Poñemos moitísima ilusión neste proxecto compartido, esperámosvos!!!belinda&ana.
*

