23/5/08

¡A FESTA MUTANTE É ESTE VENRES 13 DE XUÑO EN "LA PARADA DE LOS MONSTRUOS"(C/CASTILLO, 19, IGLESIA, MADRID)
ESPERÁMOSVOS ALÍ A PARTIR DAS 23.00H!

¡GANAS & BICOS!

zapatiños motor

19/5/08

#5 Fanzine zapatiños motor nº2


Ola a todas/os:

zapatiños motor#2- mutante- sairá á rúa este sábado 24 de maio. Estaremos celebrándoo no marabilloso bar "La parada de los monstruos" (C/ Castillo 19, Iglesia. Madrid) a partir das 23.00 da noite. Alí, darémoslle o fanzine ós colaboradores madrileños e levaremos máis por se alguén quere facerse con él. Ós colaboradores galegos chegaralles á casiña ó buzón e as demais persoas poden pedilo tamén por correo, ata que podamos levalo ás tendas, ó rastro e enviarllelo á distribuidora Jersey para los monos (avisámosvos aquí de en que locales en concreto estará). Graciñas pola paciencia.
2.50 e + gastos de envío a zapatinhosmotor@yahoo.es
Moitas gracias a todas/os,esperamos que podades celebralo connosco.
Moitos bicos,

b. & ana
*******
zm#2
mutante
héctor melchor
minus balido
izaskun gracia
estitxu
estíbaliz espinosa
luna miguel
antía otero
HAZ
b.
alcira cibeira
rubén touriño
pablo santoro
martín lópez-vega
mario albelo
ana cibeira
+ angélica liddell, liddell-carroll, caroline sury, cronenberg, neil gaiman+ REGALIÑOS: cinta de "HUMOR VÍTREO", ACORDEONCIÑO CONTO ILUSTRADO, CROMOS DE ARTE MUTANTE DE "HAZ"

#4 Fanzine A vida violenta nº1



Nace o fanzine "A vida violenta" na que unha de nolas dúas se autoedita: ¡Ana! Contos, poemas e colaxes para proxectarse ó mundo. Cada número unha creación que revoloteaba no caixón ou que foi creada específicamente para ver a luz de súpeto. Proxecto que renova formato en cada número, aberto a ser compartido con outras/os. O primeiro número, o "Pecadiñorixinal" escrito entre 2000-2001 en forma de mazaíña.
1ª edición de 20 copias.
Cartulina verde mazá recortada e texto impreso.
Fotiño de Betty Page que inspirou o conto.
Seliño de corazón salvaxe debuxado a man.
-0.30 euros en man ou tendas.
-0.30 + gastos de envío, por correo.
Pra conseguilo escribidenos a: corazonsalvaxe@yahoo.es

tapiciño
detrás da autoedición: ¡experimento gráfico resultado de xogar con fotocopias a partir de debuxos propios, do artistaza HAZ! qué preciosidade Jose, ¡beleza!

Rápido

zapatiños motor #1